Marea de Vigo pídelle ao goberno municipal que deixe de “marear a perdiz” con Toralla e reclame xa todos viais da illa como públicos como di a lei de Costas e a de Solo

Rubén Pérez : “O Concello tería o apoio da veciñanza e por suposto do grupo municipal da Marea de Vigo para devolver os viais públicos a Vigo como lexitimamente obriga a lexislación”
Por o 21/02/2018 | Sección: Marea Vigo,Política
Marea de Vigo pídelle ao goberno municipal que deixe de “marear a perdiz” con Toralla e reclame xa todos viais da illa como públicos como di a lei de Costas e a de Solo
Compartir en:

Marea de Vigo cualifica como incrible que se resucitea polémica de Toralla sen que o Concello teña feito nada nestes anos para impedir o sistemático incumprimento da lei de costas que esixe non 3 senón 5 metros de paso público no perímetro de costa pero tamén o carácter público de calquera vial interior da illa.

Para o grupo municipal, o que se fixo nos anos 60 con esta illa e a inacción posterior nos plans parciais e nos PXOM seguintes amosan un “pelotazo” amparado por sucesivos gobernos locais que deberían ter sido investigados xudicialmente no seu día.

“Que o que acontece en Toralla é a plasmación dunha ilegalidade manifesta xa o deixa claro a sentencia do Tribunal Supremo no ano 1978 que impediu mesmo a contrución dun segundo edificio que acompañaría o actual sen que existira ningún proxecto urbanístico que afectase á illa. Posteriormente o plan parcial deixou claro que non se podía construír ningún edificio na illa superior a tres alturas e que as zonas verdes e osviais que sinalaba o propio plan parcial tiñan que cederse e polo tanto eran públicos.” explica Rubén Pérez.

Para a Marea de Vigo, é necesario que se leven a cabo xa actuacións xudiciais así como mobilizacións cidadás para que o Concello reclame o que é seu e acabe cunha inxustiza e deixación de funcións histórica so matizada pola loable actuación do concelleiro Antonio Nieto “Leri”.