Marea de Vigo pídelle o Concello que esixa a Aqualia un teléfono de atención que non custe máis que unha chamada local

Publicado por o día 24/03/2017 na sección de Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo pídelle o Concello que esixa a Aqualia un teléfono de atención que non custe máis que unha chamada local

O servizo ofértase actualmente cun número de teléfono 902 con custe de chamada especial, feito polo cal xa foron interpostas varias denuncias por parte de veciñas/os de Vigo .

A isto súmase o “fraude” que supón o poder seleccionar o idioma da chamada sen que iso na realidade sexa posible; a máquina ofrece a opción de seleccionar o galego, mais ese servizo non existe, e a chamada é atendida en castelán con independencia da escolla do cliente, o que, por certo, non deixa de gastar mentres se pasan todos os filtros ata o /a operador/a.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que O Concello de Vigo, cara a mellora dos servizos públicos, xa pode facer cumprir a sentenza en firme do Tribunal de Xustiza Europeo, que considera que calquera liña de atención ao cliente ten que ter cun custe de chamada básico e sen tarificacións especiais. Tratándose dun servizo tan esencial como o abastecemento de auga, xunto ao nivel de chamadas recibidas a causa das diferentes problemáticas que xorden a diario (fugas, roturas e mesmo cortes de abastecemento), o facer cumprir a sentenza facilitaría moito a comunicación, alén de rematar co roubo que supón para a cidadanía pagar estas tarifas incluso en moitas ocasións, facéndolle un favor á empresa cando se alerta de problemas nas rúas de Vigo.

Marea de Vigo lembra a doutrina para evitar os números de teléfono de asistencia tipo 902 estaba xa na Directiva Europea sobre os dereitos dos consumidores (Directiva 2011/83 de 25 de outubro de 2011) e agora sae reforzada pola sentenza do 3 de marzo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE).

Do mesmo xeito xa en 2015 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, emitira unha recomendación para o Ministerio de Industria que pedía a prohibición do uso dos prefixos 902 para os servizos de atención ao cliente das empresas.

De igual forma, Marea de Vigo considera que todo isto non son mais que as consecuencias da situación do servizo privatizado de abastecemento de auga na nosa cidade, na que actualmente a empresa Aqualia conta cunha inexistente fiscalización da propia concesión por parte do Concello.

Una respuesta para "Marea de Vigo pídelle o Concello que esixa a Aqualia un teléfono de atención que non custe máis que unha chamada local"

  1. Gamela   25/03/2017 at 9:41

    O problema da esquerda…
    http://gamela00.blogspot.com.es/2017/03/o-problema-da-esquerda.html