Marea de Vigo pídelle o goberno municipal que leve ao pleno o cambio de nome do actual colexio “Virxe do Rocío”

Publicado por o día 12/09/2017 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo pídelle o goberno municipal que leve ao pleno o cambio de nome do actual colexio “Virxe do Rocío”

Dada a diferencia de posturas dentro da Corporación Municipal, o debate non chegou a pasar ao Pleno no pasado mes de maio, quedando á espera da decisión da Comunidade Educativa do propio centro, decisión tomada xa a finais do pasado curso.

Concordamos coa decisión tomada pola comunidade educativa en canto ao cambio do nome do colexio, asumindo á toponimia tradicional co nome de ‘O Resío’.” Afirma Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Cando, no pasado mes de maio, o Goberno Municipal levou a proposta de cambio do nome do colexio á Comisión Informativa de Educación, xurdiron diferencias entre a propia Corporación Municipal, posto que a proposta abarcaba soamente o cambio de “Virxe do Rocío” por “Rocío”, abríndose o debate sobre a denominación do centro educativo, ao introducir a posibilidade de recuperar a toponimia tradicional da zona, que poñería como nome do colexio “O Resío”.

Dada esta diferencia de posturas, o debate non chegou a pasar ao Pleno, quedando aprazado á espera da decisión da Comunidade Educativa do propio centro.

Co obxecto de achegar información á comunidade educativa do colexio cara a hora de decidir sobre o nome do centro, o Grupo Municipal da Marea de Vigo encargou un informe ao Profesor Navaza (Profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo e Membro da Comisión de Toponimia e do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega), informe que lle foi remitido á dirección do centro educativo.

“A Marea de Vigo sempre defendeu a conservación do noso patrimonio cultural, neste caso o patrimonio inmaterial contido na toponimia, tal e como sempre nos expresamos cando xorden cuestións que afectan a cambios de nomes de rúas, lugares, etc. Isto non obedece a ningún capricho político, senon á todo o que significa a defensa do noso patrimonio” explica Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

A comunidade educativa decidiu nese momento, antes de rematar o pasado curso académico, o cambio polo toponímico tradicional “O Resío”, mais, xa comezado o curso 2017-2018, o Concello non deu ningún paso para facelo real.

A este respecto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo rogoulle ao Goberno Municipal no pasado pleno de xullo, que metera esta cuestión no Pleno seguinte, ao coincidir ademais a principios de setembro, data de comezo do curso académico, sendo este un bo momento para elo a todos os efectos. Este feito non aconteceu, polo que, a Marea de Vigo espera se materialice no vindeiro Pleno do mes de setembro, cara a levar os trámites necesarios para o cambio de nome e cumprir así coa decisión tomada pola comunidade educativa.

Una respuesta para "Marea de Vigo pídelle o goberno municipal que leve ao pleno o cambio de nome do actual colexio “Virxe do Rocío”"