Marea de Vigo pide que a práctica totalidade das persoas que se contraten no plan de emprego para o 2018 se deriven ás comunidades de montes e actividades relacionadas coa rexeneración dos montes afectados polos lumes.
Ante a sobrecarga de información que estase recibindo nestes días a través das redes sociais, teléfonos, etc., o Grupo Municipal da Marea de Vigo pide á cidadanía viguesa contención á hora de levar a cabo iniciativas de xeito voluntario que non estean xestionadas por profesionais e comunidades de montes, posto que pode chegar a facerse un dano irreparable ao propio monte, que podería dificultar e impedir as labores de reforestación.
Marea de Vigo lembra que nos montes comunais do noso concello hai miles de euros invertidos en programas que estaban rexenerando a contorna forestal de Vigo e cómpre actuar dun xeito rápido pero efectivo para non perder todo ese esforzo doscomuneiros e da administración, polo que pide que das partidas “Plan de emprego municipal e axudas ao Plan de emprego municipal”, partidas que superan ademais os 3 millóns de euros, adíquese unha parte substancial en forma de cadro de persoal aos programas que as comunidades de montes presenten para rexenerar e replantar o máis do 40% do monte comunal afectado.
Noticias de última hora en Vigo