“Cúmprense as peores sospeitas que tiñamos sobre a improvisaciónurbanística que está levando a cabo o Goberno Municipal” explica Rubén Pérez, engadindo que “unha vez rematado o período de exposición pública e coñecidas as alegacións presentadas por algúns colectivos e veciños e veciñas, consideramos que esta ordenación provisional contén multitude de inseguridades xurídicas”
Do mesmo xeito, Marea de Vigo tamén informará nestas xuntanzas coa veciñanza sobre o que está acontecendo co pago do IBI en canto aos cobroscomo urbano en lugar de rústico, ao ter pasado a urbano durante a vixencia do PXOM. Recibos que, segundo varias sentenzas xudiciais, deberían ser devoltos.
Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, “este tipo de xuntanzas e actos informativos son os que debería estar facendo o Goberno de Abel Caballero nos barrios, explicando á veciñanza o que teñen pensado facer en canto ao urbanismo na nosa cidade, nun momento no que existe unha total incerteza sobre o que vai acontecer e sobre os ámbitos que se pretenden desenvolver no futuro urbanístico de Vigo” remata Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo
Una respuesta para "Marea de Vigo retoma os actos informativos sobre o PXOM nas parroquias e barrios"