Marea de Vigo rexistra moción para eliminación de simboloxía franquista no Concello de Vigo

Publicado por o 17/07/2017
Marea de Vigo rexistra moción para eliminación de simboloxía franquista no Concello de Vigo

Mañá 18 de xullo cúmprense 81 anos do Golpe de Estado sobre a República que precedeu á Guerra Civil e aos 40 anos de posterior ditadura fascista onde milleiros de persoas foron represaliadas e asasinadas a mans do réxime franquista.

40 anos de exilio, morte, tortura, falta de liberdade e medo, co sufrimento que, tanto para as propias persoas represaliadas como as súas familias segue vivo a día de hoxe cada vez que desde as institucións aparece unha forte resistencia a asumir a realidade sobre o acontecido, en forma de negativa ao lexítimo dereito dunha familia a enterrar aos seus mortos e mortas ou mesmo cada vez que algunha institución négase á eliminación dun símbolo dos torturadores e asasinos.

“A día de hoxe, mesmo na nosa cidade seguimos atopándonos con este tipo de simboloxía, como é o caso do escudo que encabeza a fachada do Instituto Público de Educación Secundaria Santa Irene”, explica Xosé Lois Jácome, concelleiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, “sobre o que pedimos explicitamente a súa eliminación, así como o estudo de toda a simboloxía franquista existente na nosa cidade, cara a súa futura supresión” remata Jácome.

Hai escasos 3 anos, esta cidade viviu unha situación esperpéntica cando Abel Caballero, un alcalde que se di socialista, negábase, a base de recursos xudiciais e grotescas declaracións en canles de TV a nivel do Estado a derrubar un destes símbolos, como o que é a Cruz do Castro, feita para a banagloria do réxime. Derrubar esta cruz estaba á marxe de todo concepto relixioso da mesma, aínda que foi levantada froito da retorcida conivencia do franquismo e a Igrexa Católica. Este feito e a súa utilización por parte do Alcalde incrementa o nivel do insulto cara ás familias das persoas represaliadas, onde tamén había persoas católicas que non se senten representadas por esa cruz.

Esta situación, para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, non se pode volver a dar, por unha cuestión de hixiene democrática, situación ademais a todas luces motivada no seu día polas ansias de “repañar” un puñado de votos da dereita por parte de Abel Caballero, nomeado socialista.

Alén disto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo anuncia que tamén preparará unha moción na que pedirá a retirada das Medallas de Platino que, sendo entregadas no ano 1945, a día de hoxe seguen ostentando o ditador Francisco Franco, así como un dos máis sanguinarios militares que encabezaron a sublevación militar en Vigo, Felipe Sánchez, sublevación militar na que moitas viguesas e vigueses lembran mañá a través da memoria das/dos súas/seus familiares.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá