Marea de Vigo rexistra moción pedido adhesión de Vigo á iniciativa “En negro contra a violencia machista”

A iniciativa, asumida en arredor de 70 concellos galegos, pretende, desde a institución máis próxima á cidadanía como é a municipal, promover e facer visible o rexeitamento ante calquera tipo de violencia contra as mulleres.
Por o 13/11/2017 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo rexistra moción pedido adhesión de Vigo á iniciativa “En negro contra a violencia machista”

Marga L. Barreiro: “A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada; mais tamén é unha realidade que se atopa nas nosas vidas de xeito transversal, dende as condutas machistas que soportamos diariamente ata no propio eido institucional, polo que cada día fanse máis necesarias todas aquelas accións que camiñen cara un cambio social que garanta a igualdade efectiva entre todas as persoas”. Baixo esta realidade partiu o pasado ano en Santiago de Compostela, a iniciativa plasmada no proxecto “En negro contra a violencia machista”, levada á pctica ao ser aprobada unha moción no pleno do Concello.

Marea de Vigo pretende que o Concello de Vigo tamén se sume á iniciativa e rexistrou no día de hoxe unha moción cara a ese obxectivo. Non é a primeira moción da Marea de Vigo sobre medidas para combater a violencia machista (no pasado mes de setembro aprobouse por unanimidade unha moción para o desenvolvemento de medidas concretas contra a violencia machista) e de feito, o Grupo Municipal está a preparar unha moción que versará na violencia contra as mulleres exercida a través da trata e a prostitución.

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta imprescindible poñer en práctica políticas reais e efectivas pola igualdade desde todas as institucións como resposta e prevención á violencia machista, os datos que se están a coñecer resultan demoledores. No que vai de ano 5 mulleres e un menor foron asasinadas en Galicia por violencia machista. No caso do estado, este número ascende a 44 segundo cifras oficiais (mulleres asasinadas por parellas ou exparellas, con sentenzas) e 90 segundo feminicidio.net, onde se contan outros vínculos entre vítima e asasino (nai, filla, etc..).

“Neste sentido – explica Marga L. Barreiro- compre ser coherente na loita contra a violencia machista asumindopolíticas de igualdade de xeito normalizado e constante. É moi positivo que este tipo de campañas sexan o mais amplas posibles, transversais, onde participen as e os representantes de diferentes cores políticas, cara a unha maior sensibilización da sociedade e compromiso das institucións”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.