Marea de Vigo rexistra moción que pide á Xunta a utilización sociosanitaria do antigo Hospital Rebullón

A moción será defendida no Pleno Ordinario do vindeiro mércores 29, en consonancia coas mocións xa presentadas en varios concellos dentro da área sanitaria de Vigo.
Publicado por o día 22/03/2017 na sección de Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo rexistra moción que pide á Xunta a utilización sociosanitaria do antigo Hospital Rebullón

Fai xa mais dun ano que o antigo hospital Rebullón pechou as súas portas, un espazo de 25.666 metros cadrados de construción, rodeado por 6 hectáreas de terra, espazoagora inutilizado a pesar das moitas posibilidades de uso. O uso que se lle está dandoactualmente é de menos de 16.000 metros cadrados, feito que, para a Marea de Vigo, é insuficiente.

Na moción, reflíctese que é o momento de definir o destino destas instalacións, das que pode beneficiarse a comarca e a área sanitaria de Vigo, a través da implantación de servizos de atención pública sociosanitaria nas mesmas, dada a carencia deste tipo de servizos públicos na comarca, como as 1.700 persoas que agardan por unha praza nunha residencia para maiores; situacións que poderían ter solución coa habilitación do espazo, facendo, por exemplo, un centro de Día ou servizo de Atención á Muller.

Destácase tamén na moción as boas comunicacións coas que conta o antigo Hospital do Rebullón, ao atoparse moi preto de autovías, autoestradas e mesmo paradas de autobuses.

Na moción que defenderá Marga L. Barreiro, faise fincapé no estado de deterioro no que se atopan as actuais instalacións do antigo Rebullón ao carecer de actividade, de modo que, calquera demora na recuperación dificultará e encarecerá a mesma, polo que “é urxente que a Xunta leve a cabo recuperación do espazo” apunta Marga L. Barreiro.