En Marea vota en contra da lei de protección e benestar animal ante a negativa do PP a aceptar oito emendas “imprescindibles”

O deputado Francisco Casal tratou ata o último momento de conseguir que os membros do PP “reflexionasen” ante cuestións fundamentais presentadas polo seu grupo como a inclusión do sacrificio cero, dotacións orzamentarias para as protectoras, ou a inclusión dos équidos agora mesmo excluídos do texto.
Por o 26/09/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea vota en contra da lei de protección e benestar animal ante a negativa do PP a aceptar oito emendas “imprescindibles”

En Marea votou en contra do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ante o rexeitamento do PP de oito emendas imprescindibles para a protección e defensa do benestar animal. Propostas que teñen que implican solucións ao maltrato, e que avanzan na liña da humanidade e dereitos fundamentais como recoñece ás Nacións Unidas. Así o sacrificio cero é un elemento fundamental xa que “se non se modifica a definición de eutanasia non se logrará acabar coa morte de animais diariamente nas canceiras do noso país”.

Outra das emendas de En Marea suporía poñer as bases para á erradicación do abandono animal dotando con orzamentos ás protectoras de animais e non a través de empresas que fan negocio coa vida dos animais como as canceiras mercantilizadas xa que “elas non queren que se acabe co abandono xa que sería poñer fin ao seu negocio”.

A inclusión dos équidos dentro desta lei é outro dos puntos destacados polo deputado, Francisco Casal, xa que como explicou a xustificación do PP de que non é necesario por que existe unha normativa específica a realidade é que non recolle unha soa liña que teña que ver coa protección destes animais o que “está a provocar unha situación absolutamente intolerable xa non se pode poñer por diante o dereito de propiedade irresponsable que de protección da vida do animal”.

Por estes motivos, e ante a negativa do grupo parlamentario de Partido Popular a aceptar estas oito emendas imprescindibles para En Marea, o grupo votou en contra do texto presentado hoxe na Cámara do Parlamento de Galicia.