María Antonia Trillo: “A sentenza de Juana Rivas é reaccionaria e patriarcal”

Trillo lembrou que “ainda fai unha semana que na Coruña mataron a unha muller, unha compañeira”
Publicado por o día 27/07/2018 na sección de Galicia,Podemos,Política

María Antonia Trillo: “A sentenza de Juana Rivas é reaccionaria e patriarcal”

A secretaria de feminismos de Podemos Galicia, María Antonia Trillo calificou de “reaccionaria e patriarcal ” a senteza que hoxe condenou a cinco anos de cárcere e seis sen os seus fillos a Juana Rivas. Trillo lembrou que “ainda fai unha semana que na Coruña mataron a unha muller, unha compañeira” e sinalou que “a verdade e que hoxe as mulleres atopámonos completamente desprotexidas”.

A secretaria de feminismos de Podemos Galicia engadiu que “nos últimos meses estamos a asistir a resolucións xudiciais escandalosas” e ” con esta decisión xudicial estanse invisibilizando os malos tratos” . María Antonia Trillo quiso recordar que “o 8 de marzo as mulleres saimos as rúas, en Galicia de xeito masivo, para decir moi alto e claro que xa abonda de violencias machistas”.