María Antonia Trillo “Navantia debería evitar a precarización nas súas contratacións”

“O que vén sucedendo é que a día de hoxe, un traballador cobra uns 500 ou 600 euros menos que fai cinco anos”.
Publicado por o día 05/10/2017 na sección de Galicia,Podemos,Política

María Antonia Trillo “Navantia debería evitar a precarización nas súas contratacións”

A Responsable de Emprego de Podemos Galicia, María Antonia Trillo sinalou esta tarde o apoio da organización aos traballadores das auxiliares de Navantia. “Desde Podemos Galicia apoiamos as mobilizacións dos traballadores das auxiliares de Ferrol e tamén facemos un chamamento para que se logre a unidade sindical e que as reivindicacións destes traballadores sexan escoitadas”. María Antonia Trillo indicou que “no ano 2001, logrouse un acordo de mínimos salariais por parte das empresas auxiliares, pero desde entón, e coa aplicación da reforma laboral, incumpríronse as condicións económicas mínimas para traballar”. A responsable de emprego de Podemos Galicia tamén comentou que “o que vén sucedendo é que a día de hoxe, un traballador cobra uns 500 ou 600 euros menos que fai cinco anos”.

Doutra banda, Trillo dixo que “a subrogación de traballadores só se contempla para empresas de mantemento (como Navantia), non para outras como poden ser REPSOL ou ENDESA” e por último subliñou que “Navantia contrata a empresas auxiliares, como o está facendo na construción dos barcos australianos, e o que tería que facer é contratar directamente aos traballadores das auxiliares, sen intermediarios para evitar a Precarización e para que os traballadores poidan así manter unhas condicións laborais dignas”.