Cidadáns Pontevedra cualificou de “despropósito” a falta de auga corrente no recentemente construído campo de fútbol da parroquia de Cerponzóns, unha obra na que se investiron máis de 800.000 euros e que o goberno municipal deu por rematada o pasado mes de xuño.
Os comuneiros de Cerponzóns trasladaron á concelleira María Rey que o Concello realizou catas nos seus terreos para tratar de solucionar o problema sen consultarlles “e sen pedir os permisos necesarios”. “Dado que os campos de céspede artificial necesitan auga para o seu correcto mantemento, a situación parécenos un despropósito –sinalou a concelleira de Cs- e pon en dúbida a xestión destes novos espazos deportivos por parte do goberno municipal.
Cun investimento de máis de 800.000 euros, é unha chapuza que non se tivo en conta o abastecemento de auga. Lores quere coar outro gol aos veciños ao construír este campo sen considerar este servizo”. O campo de fútbol de Chan do Monte en Cerponzóns é unha das instalacións de herba sintética que o Concello proxectou para o rural pontevedrés, “obras que nos parecen necesarias, pero que habería que executar cun mínimo de seriedade”.
Noticias de última hora en Vigo