María Rey: “Que Pontevedra ocupe o primeiro posto das grandes cidades galegas pola taxa de paro non casa co modelo de cidade que tanto lle gusta vender ao BNG”

Ciudadanos Cs Pontevedra considera que os últimos datos da EPA evidencian “a incapacidade do BNG para reactivar a economía do concello”
Publicado por o día 27/01/2018 na sección de Ciudadanos,Política

María Rey: “Que Pontevedra ocupe o primeiro posto das grandes cidades galegas pola taxa de paro non casa co modelo de cidade que tanto lle gusta vender ao BNG”

A concelleira de Cidadáns Cs Pontevedra, María Rey, subliña que os últimos e “desalentadores” datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) ofrecidos esta semana polo Instituto Galego de Estatística, que sitúan á cidade como a de maior taxa de paro (19,5%) entre as grandes urbes galegas no último trimestre do 2017, volven evidenciar “a necesidade dun plan económico para o municipio”.

“Que Pontevedra ocupe o primeiro posto da lista das grandes cidades galegas en taxa de paro non casa co modelo de cidade que tanto lle gusta vender ao BNG –sinala a edila-. Desde Cidadáns insistimos desde hai anos en que ese modelo tería que contemplar un plan económico, urbanístico e industrial para o futuro do municipio.

Pontevedra segue sen ser unha cidade modelo, por moito que insistan en márketing os nacionalistas”. Para Rey, o goberno local sempre se escusa na súa falta de competencias en materia laboral, “pero estes datos evidencian a incapacidade do BNG para reactivar a economía do concello”.