Maria Victoria Alonso: “Mos deixa de pagar os seus acreedores para facer fornte a súa débeda bancaria”

Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

Maria Victoria Alonso: “Mos deixa de pagar os seus acreedores para facer fornte a súa débeda bancaria”

O Concello de Mos presentou no pleno do luns a liquidación do ano 2019, onde deixa patente a que os socialistas tildan de ineficiente xestión económica por parte do goberno local. A actual situación, na que se acaba de aprobar un novo plan económico-financeiro para os anos 2020-2021 é a raíz de non cumprir cas normas fixadas polo anterior plan dos anos 2018-2019 e por rematar o ano incumprindo a regra de gasto.

Dende o Concello fan referencia o remanente negativo de 550.000€ para xustificar o que eles chaman “dar volta as contas”, a bancada socialista denuncia a utilización indebida desta cifra xa que tras incorporar as obrigas de pago pendentes de incluír no orzamento o resultado último do remanente de tesourería da un dato negativo de 2.209.702€. Piden por tanto, que dende o goberno local corrixan esta información xa que é un engano para a veciñanza.

A voceira socialista, Victoria Alonso, quere resaltar que a liquidación do 2019 ven a demostrar que o Partido Popular usa os fondos dos contribuintes para facer campaña electoral. Alonso explica que deixaron sen pagar nun ano de eleccións municipais 2.060.202€ de facturas orzamentadas e tamén pendentes de aplicar o seguinte orzamento 1.654.609€, isto provoca un desaxuste na economía do seguinte ano por ter que facer fronte a estes máis de 3 millóns.

Alonso di estar abraiada ante o informe da alcaldía en relación o plan económico-financeiro, no que di que “tendo en conta a situación de crise que estamos a vivir, se está a facer unha importante labor de contención do gasto público o que significará unha recondución orzamentaria do Concello de Mos e mellorará a súa situación económica”. Alonso recrimínalle o Concello que nunha situación tan grave decida non poñerse do lado da veciñanza creando novas liñas de subvencións e apoio o comercio local, familias e autónomos coma están facendo outros concellos e administracións.

A voceira socialista pídelle a alcaldesa que non engane a veciñanza amañando cifras porque a realidade é que gastaron por enriba das súas posibilidades provocando retrasos no pago a provedores e que mude de posicionamento, o aforro débeo facer doutra maneira sen deixar orfos as veciñas e veciños do noso concello nesta pandemia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.