María Xosé Caride tilda a Conselleira de medio ambiente, Territorio e vivenda de descoñecer as necesidades de Vigo e chama “chapuza” o proxecto de atletismo no IFEVI

Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

María Xosé Caride tilda a Conselleira de medio ambiente, Territorio e vivenda de descoñecer as necesidades de Vigo e chama “chapuza” o proxecto de atletismo no IFEVI

En relación ás declaracións realizadas hoxe en Vigo pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sobre a intención da Xunta de Galicia de instalar un módulo de atletismo no IFEVI, o goberno municipal ten dúbidas de que a señora Vázquez saiba de que está falando di María Xosé Caride concelleira de Urbanismo, dado que o proxecto foi anunciado como “unha chapuza provisional” sinala a concelleira. “O obxectivo da Xunta é aforrar 5,5 millóns de euros, que é o que debe destinar á remodelación das pistas de atletismo de Balaídos” manifesta María Xosé Caride.

“A Conselleira parece descoñecer que a propia Xunta de Galicia, a través do Director Xeral de Comercio, vén de informar ao Concello de Vigo da inexistencia de proxecto para esta ocorrencia de pista de atletismo cuberta, ademais de recoñecer que a ampliación do IFEVI e a urxencia que xustifica as expropiacións e a aplicación da “lei Vigo” só está xustificada pola necesidade de ampliar o recinto feiral e só o uso como recinto feiral está autorizado” di a concelleira de urbanismo de Vigo.

“Lamentamos que a Conselleira de Medio Ambiente veña a Vigo a tentar xustificar que a Xunta leva 12 anos atrasando a ampliación de Navia, en lugar de vir anunciar que Navia contará cun instituto para que a mocidade poida estudar preto das súas casas en lugar de ter que desprazarse ata Valadares en autobús tódolos días”, finaliza Maria Xosé Caride nun comunicado enviado a prensa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.