O Marisquiño será unha proba puntuable para as Olimpíadas de skate

O alcalde e a presidenta da Deputación eloxiaron un ano máis a calidade do Marisquiño, que cada ano reúne a máis público e que nesta edición vai puntuar nas próximas Olimpíadas, nas que o skate se estreará como disciplina. Entre o 11 e o 13 de agosto, Vigo volverá ser a capital do deporte urbano e ambos mandatarios destacaron o retorno económico deste evento tanto na cidade, como no resto da provincia.
Publicado por o día 26/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Deputación de Pontevedra,Galicia,Vigo

O Marisquiño será unha proba puntuable para as Olimpíadas de skate

O alcalde amosou un ano máis a súa satisfacción na presentación da edición do Marisquiño deste 2017, que se organizará en Vigo os días 11, 12 y 13 de agosto. Reunindo cada vez máis público, este certame supera ano tras ano os seus logros e xa é un referente europeo no deporte urbano, dixo o rexedor durante un percorrido pola montaxe de rampas e de gradas no que tamén estiveron presentes a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o organizador, Carlos González, Piti. O rexedor felicitouse porque O Marisquiño será unha das probas puntuables para as próximas Olimpíadas, nas que participará por primeira vez o skate como modalidade deportiva. Na súa intervención tamén puxo en valor o retorno económico que este evento supón na cidade que redunda na creación de miles de postos de traballo.

A presidenta da Deputación, pola súa banda, cualificou este certame como “un dos máis importantes da cidade de Vigo”, con moita proxección internacional e gran incidencia económica tanto en Vigo como no resto da provincia. Destacou que Vigo se converte nestes días na capital do deporte urbano do mundo da man dos organizadores -aos que lles agradeceu o seu traballo- e ao compromiso do Concello e da Deputación.

Nesta edición, segundo explicou o responsable da organización, o número de participantes internacionais incrementarase nun 50% e se prevé unha afluencia de público superior ás 160.000 persoas. No maior evento de deporte urbano do sur de Europa, haberá nesta ocasión dez competicións deportivas: Skateboarding, BMX, Dirt Jump, descenso, Flatland, Motocross, Motonáutica, das que tres serán probas puntuables para a copa do mundo: Skateboarding Street, Skateboarding Miniramp e Dirt Jump. Non faltarán actividades complementarias como graffiti, break dance ou música.

O apoio económico de Concello e Deputación a este evento alcanza neste 2017 os 400.000 euros.