Marta Fernández-Tapias e Fernando González Abeijón puxeron en valor que a Xunta financia 609 prazas polas que achega máis de 7,8 millóns de euros na cidade de Vigo

Alento conta con 128 prazas autorizadas no centro de día e na residencia terapéutica das que 72 están financiadas polo Goberno galego
Publicado por o día 03/12/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Marta Fernández-Tapias e Fernando González Abeijón puxeron en valor que a Xunta financia 609 prazas polas que achega máis de 7,8 millóns de euros na cidade de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o Director Xeral de Maiores e Discapacidade, Fernando González Abeijón, achegáronse hoxe ata o centro vigués da Asociación de Dano Cerebral de Vigo (Alento) con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Ambos os dous coincidiron en destacar a importante labor desenvolvida por estas entidades de carácter social na procura dunha mellor calidade de vida das persoas as que atenden e agradeceron especialmente o seu traballo nos momentos máis duros da pandemia.

Así, durante a visita na que aproveitaron para abordar co xerente da entidade a situación actual e os retos futuros, Fernández-Tapias e González Abeijón puxeron en valor o apoio da Administración autonómica ás iniciativas sociais como a que representa Alento e que sempre “atoparan unha man tendida por parte do Goberno galego”, en palabras da delegada territorial.

Un apoio que ten reflexo, dixo, nuns orzamentos que crecen ano a ano, con máis de 61 millóns reservados no vindeiro exercicio para políticas sociais na cidade. Así, detallou que a Xunta financia en Vigo 609 prazas en residencias e centros de día de discapacidade cunha achega que supera os 7,8 millóns de euros.

No caso de Alento, a delegada especificou que se financian 72 das 128 prazas que ten autorizadas a entidade no centro de día e na residencia terapéutica.