Marta Fernández-Tapias supervisa os traballos de sinalización da ruta ciclista protexida no traxecto de Volta ao Val

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo informou que esta actuación, que abrangue preto de 82 quilómetros, responde ao interese do Goberno galego en “aumentar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos”
Publicado por o día 02/12/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Marta Fernández-Tapias supervisa os traballos de sinalización da ruta ciclista protexida no traxecto de Volta ao Val

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse hoxe ata PO-331 no punto quilométrico 12+350, para supervisar os traballos que se están a executar na ruta protexida ES-PO-06, Volta ao Val.

Acompañada por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e os representantes da empresa que está a executar os traballos, a representante autonómica informou que as tarefas de sinalización nesta ruta, que abrangue preto de 82 quilómetros e discorre polos concellos de O Porriño, Mos, Vigo, Gondomar, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui, están a piques de rematar.

Unha actuación que, tal e como sinalou Fernández-Tapias, responde ao interese do Goberno galego en “aumentar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos”.

Esta actuación de protección dos usuarios vulnerables das estradas, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, céntrase nos ciclistas deportivos, tendo en conta as características diferenciais deste colectivo no uso das estradas, que fai preciso intervencións adaptadas ao colectivo.

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e actuacións como estas van encamiñadas a reforzar a súa seguridade.

Deste xeito, actuarase nun total de 10 percorridos das estradas autonómicas das catro provincias, onde se instalarán máis de 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas. As actuacións prestarán ademais especial atención ao mantemento das beiravías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.