Marta Míguez destaca o grande investimento que a Xunta está a facer para apoiar aos deportistas galegos máis novos

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou hoxe na presentación oficial do curso 2017-18 do Centro Galego de Tecnificación Deportiva que se inicia coa novidade do incremento de bolseiros e prazas de residencia e co anuncio de novos investimentos en material e infraestructuras
Por o 17/09/2018 | Sección: Xunta de Galicia
Marta Míguez destaca o grande investimento que a Xunta está a facer para apoiar aos deportistas galegos máis novos

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou hoxe na apertura do novo curso do CGTD que este ano conta cun 14% máis de bolseiros. Nas súas verbas a titular de Deporte felicitou aos deportistas “por teren conseguido o obxectivo de ser admitidos como bolseiros do centro, cousa que non é doada” salientando que “nós poremos os medios necesarios á vosa disposición para que consigades grandes éxitos dos que Galicia será partícipe e beneficiaria”.

Marta Miguez felicitou tamén as nais e pais dos xóvenes por “supoñer para eles unha base sólida na que impulsarse e un exemplo á hora de considerar o deporte coma un pilar básico na nosa sociedade como fonte de saúde e satisfacción persoal”.

Ademais, a secretaria xeral resaltou que no curso 17-18 a Xunta de Galicia investiu nos bolseiros do SGTD un total de 1.623.779,63€ o que “amosa a grande confianza que temos en vós e a nosa aposta decidida pola vosa formación deportiva e académica”. A este orzamento súmanse os 444.394,67€ investidos en equipamento e infraestruturas ao longo do último curso e as melloras en accesibilidade e material que se levarán a cabo ao longo desta nova anualidade. No curso 2018/19 a SXD investirá 1.755.437,03 € nos bolseiros do CGTD.

Marta Míguez animou aos deportistas presentes no inicio do curso a “seguir sendo un exemplo de comportamento e de xogo limpo, de constancia, perseveranza e de respecto ao rival” e lembrou que “desde a Secretaría Xeral para o Deporte estamos tratando de mellorar o deporte galego en todos os seus ámbitos” tanto no relativo a instalacións, competicións e deporte en idade escolar, formación, subvencións a clubes e federacións e apoiando aos equipos de alto nivel para o que “temos no CGTD unha das nosas mellores ferramentas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.