Marta Rodríguez-Vispo: “ Co 70% dos artigos da nova lei de farmacia están de acordo un ou varios grupos da oposición, ademáis do grupo maioritario”

A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que o 70% dos artigos da nova lei de ordenación farmacéutica, cuxo ditame foi aprobado hoxe na Comisión 5ª, contan coa conformidade de un ou varios grupos da oposición, ademáis do grupo maioritario.
Publicado por o día 13/06/2019 na sección de Partido Popular,Política

Marta Rodríguez-Vispo: “ Co 70% dos artigos da nova lei de farmacia están de acordo un ou varios grupos da oposición, ademáis do grupo maioritario”

Así indicou que dos 80 artigos da lei, 33 non tiveron ningunha emenda da oposición e noutros 23 incorporáronse distintas emendas dos distintos grupos polo que un total de 56 artigos, o 70% da lei, teñen unha redacción coa que está conforme un ou varios grupos parlamentarios.

Rodríguez-Vispo agradeceu o clima de diálogo e dispoñibilidade de tódolos poñentes e recordou que se aceptaron ou transaccionaron o 40% das propostas socialistas, grupo co que existía unha maior afinidade de posturas, 13 do BNG e 2 de En Marea e insistiu en que “esperemos que conte co apoio maioritario desta Cámara, xa que suporá unha oportunidade para mellorar a vixente lei que precisa dunha adaptación que nos permita seguir prestando unha boa atención farmacéutica nos dispositivos sanitarios da nosa Comunidade”.

“Algúns dos problemas que se pretenden solucionar con esta lei son que a ordenación farmacéutica teña máis vinculación coa ordenación sanitaria xeral e un marco regulatorio máis flexible, dada a crecente despoboación de zonas rurais, garantindo que a poboación destas zonas teñan acceso aos medicamentos que precisen” indicou a deputada popular.

Marta Rodríguez-Vispo sinalou que a lei establece medidas específicas dirixidas a garantir a atención farmacéutica no rural “que non se limitan ao establecemento dun módulo poboacional propio ou á posibilidade de entrega domiciliaria de medicamentos senón que intenta dar un paso máis, como é a previsión da instalación e apertura de boticas anexas, en lugares e parroquias onde non se poida abrir unha oficina de farmacia ou con difícil comunicación coa máis próxima”.

Esta nova lei “servirá para dotar o sector farmacéutico dunha nova regulación máis acorde cos tempos que estamos a vivir e que poida afrontar e dar solución, dunha forma máis eficaz, as demandas actuais e as necesidades tanto dos profesionais farmacéuticos como dos usuarios” sinalou a deputada popular que incidiu na necesidade de renovar “unha normativa que databa de 1999 que non estaba adaptada ás actuais circunstancias, nin tecnolóxicas nin demográficas”

Comentar noticia

Your email address will not be published.