CONCENTRACIÓN apoio da denuncia en contra do Concello de Vigo e Civis Global

Publicado por o día 26/01/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Vigo

CONCENTRACIÓN apoio da denuncia en contra do Concello de Vigo e Civis Global

– A Asemblea Aberta de Coia convoca o MARTES 27 de xaneiro ás 10:30 unha CONCENTRACIÓN diante dos XULGADOS de VIGO (r/Lalín, Vigo) en apoio dos representantes citados para ratificar e ampliar a denuncia admitida por Fiscalía en contra do Concello de Vigo e a empresa Civis Global ante a instalación do barco na rotonda de Coia.

Fiscalía citou aos representantes da Asemblea Aberta de Coia para ratificar e ampliar a denuncia, admitida a trámite, por supostos delitos de prevaricación, malversación de fondos públicos, ocultismo e libre concorrenciana decisión do goberno municipal de instalar o “Bernardo Alfageme” na rotonda de Coia.

Unha decisión tomada en contra:

– Do convenio de cesión do barco, o cal previa a defensa do patrimonio marítimo-pesqueiro da cidade á vez que un uso pedagóxico

– Dos acordos de dous plenos

– Da oposición da veciñanza, que reclamamos que non se malgasten cartos en ornamentación dunha cidade na que moitos fogares teñen problemas para cubrir as súas necesidades básicas.

Aproveitaremos o acto para expresar, outra vez, o rexeitamento a instalación do barco, nuns momentos de grandes e graves problemas para moitas persoas que sofren uns servizos sociais municipais colapsados que non son quen de dar as respostas precisas por insuficiencia de medios. Aproveitaremos a data para continuar coa recollida de sinaturas que xa sobrepasan as 3000.