A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un ACTO de ENTREGA COLECTIVA do TÍCKET ELÉCTRICO da Xunta baixo o lema: “NINGÚN NEGOCIO COAS NOSAS NECESIDADES”.
Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 na DELEGACIÓN da XUNTA de GALICIA en VIGO (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).
A Xunta de Galicia a través da propaganda e/ou a simulación pretende substituír os dereitos por esmolas. Lonxe de mudaren a desigualdade e a inxustiza crecentes, o goberno autonómico perpetúa coas súas políticas unhas estruturas que enchen os petos duns poucos a costa de facer negocios coas necesidades básicas de todas.
Un exemplo desta políticas é a convocatoria do Tícket Eléctrico. A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, até o 30 de abril, para solicitar dito tícket. Ao igual que na anterior convocatoria, consiste nunha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.
A presión social unido ao desastre da anterior convocatoria trouxeron pequenas mudanzas, que nada disimulan o despropósito desta insuficiente axuda. A contía sube agora aos 90€ ao semestre para familias con nenxs, 150€ no caso daquelas que posúan o título de familia numerosa. Igual que a finais do pasado ano o tícket hai que presentalo telematicamente logo de achegar unha morea de documentos e acreditar unha vida na miseria absoluta ou ás portas dela.
PRENSA ODS COIA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.