Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as coñecidas Marías de Santiago de Compostela, volverán á vida en Vigo gracias á maxia do Teatro

Tralo éxito de público en Compostela, onde se encheu durante catro días o Teatro Principal, Voaxa e Carmín chega ao Auditorio do Concello de Vigo.
Por o 20/02/2017 | Sección: Cultura,Vigo
Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as coñecidas Marías de Santiago de Compostela, volverán á vida en Vigo gracias á maxia do Teatro
  • Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas mereceu o Premio Abrente para textos teatrais no 2015 e estreouse un ano despois, producida por ButacaZero e eme2 en coprodución coa propia MIT Ribadavia, onde tivo lugar a estrea. En Vigo, a cita será o venres 24 ás 21h.
  • A obra, interpretada por dúas grandes da nosa escena: Mabel Rivera e Belén Constenla, da vida de maneira poética e fantasiosa a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías ou As dúas en Punto en Santiago de Compostela. A peza pretende así dignificar a figura de dúas mulleres que durante a guerra civil, e na posterior dictadura, sufriron violencia institucional, social e de xénero. 

Como era de esperar, o público ateigou o Teatro Principal de Santiago de Compostela para ver ás súas veciñas representadas en escena. Foron catro días nos que o público disfrutou no teatro cunha historia que sentiron moi propia e coa que poder facer unha sentida homenaxe a dúas mulleres ben queridas pola cidadanía.

Pero máis ala de Compostela, Voaxa e Carmín segue a encher teatros. Precedida do éxito de público e crítica, este vernes 24 ás 21h chegará a Vigo onde xa resulta dificil coller un bo sitio porque moitas das localidades están xa vendidas.

Sobre as táboas, dúas grandes da nosa escena: Mabel Rivera (premio Goya á mellor acriz de reparto por Los lunes al sol e tres veces galardoada co Mestre Mateo) e Belén Constenla (que obtivo tres premios María Casares e un Mestre Mateo), que dan vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart demostrando que a veteranía en escena é un grao. Na direccion: Xavier Castiñeira, profesor da ESAD de Galicia que con esta obra preséntase como director en Galicia e que decidiu apoiar a escenificaicón nun paseo virtual por unha Compostela virdual en 3D deseñada por Roi Fernández (Sr. Pause Cinescapismo) que reproduce, de maneira pictórica e con estética de gravado, as rúas de Compostela polas que as protagonistas, coñecidas como As Marías, paseaban durante o franquismo ás dúas da tarde, feito que fixo que os estudantes lles puxeran o alcume As dúas en Punto. A forte carga audiovisual é un dos grandes atractivos da peza, pero non o único, xa o vestiario e caracterización das personaxes (a cargo de Mari Seoane e Trini F. Silva respectivamente), sorprende pola súa fidelidade aos espectadores que coñeceron en vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart.

As dúas irmás son de seguro son ben coñecidas pola xente que compartiu vida con elas, e tamén por todas as persoas que se achegan agora a Compostela e ven a estatua de César Lombera que se atopa na Alameda e coa que galegos e forasteiros se fotografan día tras día, converténdose xa nun dos lugares máis populares da cidade. Porén, é probable que moitas destas persoas non saiba apenas nada da historia do seu pasado. Con esta obra de teatro, Carrodeguas e Castiñeira súmase a todas as persoas que non últimos anos quixeron dignificar a figura destas irmáns coñecidas por vestirse de maneira estrafalaria e maquillarse esaxeradamente para saír cada día, chiscando ollos aos estudantes ate case o último día da súa vida, que agochan no seu pasado a vivencia dunha postguerra terrible, ateigada de rexistros domiciliarios aleivosos e cruentos, ao pertencer a unha familia con membros anarcosindicalistas.