Maruxa e Coralia Fandiño Ricart volverán camiñar no Teatro Principal de Compostela

Tras unha semana de éxito de público Compostela, Voaxa e Carmín volve a Santiago con motivo das Festas da Ascensión.
Publicado por o día 18/05/2017 na sección de Cultura,Galicia,Santiago,Vigo

Maruxa e Coralia Fandiño Ricart volverán camiñar no Teatro Principal de Compostela

Como era de esperar, o pasado febreiro o público ateigou o Teatro Principal de Santiago de Compostela para ver ás súas veciñas representadas en escena a primeira vez, e agárdase que todas as persoas que ficaron sen entrada a primeira vez, se decidan a encher o teatro do 25 ao 28 de maio, durante as festas da Ascensión, para ver en escena e homenaxear a dúas mulleres ben queridas pola cidadanía: Coralia e Maruxa Fandiño Ricart.

Sobre as táboas, dúas grandes da nosa escena que precisametne estiveron nominadas aos María Casares pola súa interpretación en Voaxa e Carmín: Mabel Rivera (premio Goya á mellor acriz de reparto por Los lunes al sol e tres veces galardoada co Mestre Mateo) e Belén Constenla (que obtivo tres premios María Casares e un Mestre Mateo), que dan vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart demostrando que a veteranía en escena é un grao. Na direccion: Xavier Castiñeira, profesor da ESAD de Galicia que con esta obra preséntase como director en Galicia e que decidiu apoiar a escenificaicón nun paseo virtual por unha Compostela virdual en 3D deseñada por Roi Fernández (Sr. Pause Cinescapismo) que reproduce, de maneira pictórica e con estética de gravado, as rúas de Compostela polas que as protagonistas, coñecidas como As Marías, paseaban durante o franquismo ás dúas da tarde, feito que fixo que os estudantes lles puxeran o alcume As dúas en Punto. A forte carga audiovisual é un dos grandes atractivos da peza, pero non o único, xa o vestiario e caracterización das personaxes (a cargo de Mari Seoane e Trini F. Silva respectivamente, que levaron ademáis sendos Premios María Casares por este traballo), sorprende pola súa fidelidade aos espectadores que coñeceron en vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart.

As dúas irmás son de seguro son ben coñecidas pola xente que compartiu vida con elas, e tamén por todas as persoas que se achegan agora a Compostela e ven a estatua de César Lombera que se atopa na Alameda e coa que galegos e forasteiros se fotografan día tras día, converténdose xa nun dos lugares máis populares da cidade. Porén, é probable que moitas destas persoas non saiba apenas nada da historia do seu pasado. Con esta obra de teatro, Carrodeguas e Castiñeira súmase a todas as persoas que non últimos anos quixeron dignificar a figura destas irmáns coñecidas por vestirse de maneira estrafalaria e maquillarse esaxeradamente para saír cada día, chiscando ollos aos estudantes ate case o último día da súa vida, que agochan no seu pasado a vivencia dunha postguerra terrible, ateigada de rexistros domiciliarios aleivosos e cruentos, ao pertencer a unha familia con membros anarcosindicalistas.