Masterclass de zumba solidaria organidada por ADICAM no Concello de Cangas

Por o 10/01/2018 | Sección: Cangas,Eventos,Galicia
Masterclass de zumba solidaria organidada por ADICAM no Concello de Cangas

A Casa da Xuventude albergou no día de hoxe a presentación dun evento que se realizará este sábado, día 13 de xaneiro, e que nos últimos anos estase convertendo nunha tradición: a VI Masterclass de Zumba, un acto solidario a favor de proxectos de investigación que organiza Adicam e no que participa a Concellaría de Deporte. O lugar habilitado para o mesmo é o Pavillón de Rodeira e o horario de comezo será ás 20:00 horas.

Os seus obxectivos céntranse no fomento de hábitos saudables e en alcanzar que todos os asistentes “recarguen as pilas” para o comezo de ano: “Queremos conseguir un ambiente festivo, por iso convidamos a todo o mundo, non hai cota de idade, pode participar calquera persoa”.

En total, serán tres as monitoras encargadas de impartir esta clase. Todas elas contan cunha grande experiencia neste campo: “A zumba é un exercicio moi divertido, a xente non ten que estar preparada para ela. Cada unha pódese adaptar ao seu ritmo. Ademais, temos cancións modernas, de sempre… O merengue, a salsa, o reguetón ou a cumbia van estar moi presentes”.

O donativo da entrada é de tres euros, os que serán destinados ao estudo de quimioprevención que Adicam puxo en marcha hai dous anos e no que participa a Universidade de Vigo. Esta  nvestigación partiu nun principio de varios proxectos internacionais nos que se mostraba a posibilidade de que a planta Bryophyllum tivera propiedades anticanceríxenas. O doutor Jorge Cameselle albiscou unha esperanza, polo que se comezaron a buscar voluntarias para que consumiran dito vexetal.

Xoán C. Chillón, concelleiro de Ensino e Deporte, móstrase moi satisfeito con toda a “programación de Adicam, que fomenta o deporte solidario”, e convida á veciñanza para que se anime a  articipar no evento e así poder lograr unha asistencia multitudinaria (espérase a presenza de 150 persoas).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.