O Zoo de Vigo mata a cinco porcos bravos recentemente nados e segue sen estratexia

O “culling” é unha práctica habitual en parques zoolóxicos coa escusa de falta de espazo ou a ‘consanguinidade’ de especies
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

O Zoo de Vigo mata a cinco porcos bravos recentemente nados e segue sen estratexia

Calcúlase que os parques zoolóxicos europeos matan entre 3000 e 5000 animais sans nas súas instalacións cada ano no que se coñece como “culling”, unha práctica legal recollida no manual de boas prácticas das asociacións europea e internacional de zoos e acuarios (EAZA e WAZA) e que emprega escusas como a “falta de espazo”, a consanguinidade ou “razóns de saúde” para executalos.
 
O zoo de Vigo non está exento desta práctica tan cruel como innecesaria e esta mesma semana sacrificou a cinco porcos bravos recentemente nados facendo uso precisamente da ladaíña de coartadas que se dan noutros lugares do planeta, e non é a primeira vez que aplica o sacrificio de animais sans, como sucedeu con crías de galiñas de Mos, considerada polo Ministerio de Agricultura como ‘ Raza Autóctona en Perigo de Extinción’.
 
En contraposición á falta de estratexia e dirección clara do parque vigués, a Asociación Animalista Libera e Fundación Franz Weber expoñen a introdución de ZOOXXI, unha proposta internacional de reconversión que se aplica no Ecoparque de Mendoza (Arxentina) e que se atopa en proceso de implementación en Barcelona, onde a chamada conservación compasiva substitúe a estas accións de sacrificio, fomentando o respecto animal fronte á simple exhibición.
 
ZOOXXI é unha iniciativa de transformación que pretende aproveitar a enorme experiencia do persoal de VigoZoo para traballar cara á súa conversión nun verdadeiro centro de recuperación animal, xa que é certo que parte dos seres que alí permanecen foron trasladados despois de incautacións, accións contra o tráfico ilegal ou rehabilitacións nos centros especializados.
 
Neste sentido FFW e LIBERA! volven ofrecer a Abel Caballero para iniciar o proceso de diálogo e transformación do parque zoológico da Madroa, lembrando que o propio rexedor defende un sistema diferente pero aínda non aplicou cambios substanciais, como a propia suspensión de actividades innecesarias como os aniversarios.
 
A morte intencionada destes jabatos mostra que o recinto e a súa dirección deben dar un profundo xiro á xestión, e que as instalacións non poden seguir coa mesma dinámica, non só pola continuidade do “culling”.