Maxia, diversión, danza e voces no Festival Solidario co Pobo Saharaui mañá venres no auditorio

Publicado por o día 31/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Maxia, diversión, danza e voces no Festival Solidario co Pobo Saharaui mañá venres no auditorio

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) convida á cidadanía a asistir ao festival solidario co pobo saharaui que terá lugar este venres día 1 de febreiro ás 18 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo.

Este festival ofrecerá actuacións de bailes, de coro, de maxia e de risa para todos os públicos coa participación do Coro Infantil Cantemos, a escola Unidance, o Mago Cali e o paiaso Tanito.

Todos e todas as asistentes terán a oportunidade de amosar o seu lado máis solidario aportando un donativo a modo de entrada.

O concello de Ponteareas anima a toda a cidadanía a desfrutar dunha tarde en familia neste festival solidario.