MdV lémbralle a Caballero que non existe “agravio Norte-Sur”, senón unha cuestión de modelo político do PP e que faga fronte común con Compostela e Coruña reclamando investimentos ante o abandono da Xunta e goberno central

As melloras non son só importantes para Vigo senón para todos os concellos limítrofes polo que Vigo ten que acordar traballo de reivindicación colectivo con todos os concellos con independencia da cor política
Publicado por o día 04/01/2018 na sección de Marea Vigo,Política

MdV lémbralle a Caballero que non existe “agravio Norte-Sur”, senón unha cuestión de modelo político do PP e que faga fronte común con Compostela e Coruña reclamando investimentos ante o abandono da Xunta e goberno central

As melloras non son só importantes para Vigo senón para todos os concellos limítrofes polo que Vigo ten que acordar traballo de reivindicación colectivo con todos os concellos con independencia da cor política.

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, é evidente que o Goberno Central esquece a Vigo por exemplo na conversión en tramo urbano da AP9 ao paso por Teis e na gratuidade da peaxe de Redondela, feitos que resultan innegables, mais non se trata dunha cuestión de vantaxes a Compostela ou A Coruña, xa que estas non existen.

Marea de Vigo considera “enganoso” o discurso de Abel Caballero e lémbralle que, no caso da “orbital sur” de Santiago non ten compromiso de conexión coa N-550 e coa A-54 e que o proxecto pasou de 45 millóns a 27 polo que segue sendo moi discutible falar de privilexio. Alén doutros incumprimentos adquiridos no seu día e non executados aínda.

Do mesmo xeito a comarca de Coruña queda “orfa” de investimentos no tocante á seguridade vial, existindo tamén neste caso un compromiso incumprido, provocando a convocatoria dunha mobilización veciñal nos próximos días.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo afirma que o Goberno Municipal, en lugar de “enrocarse variante de Cerdedo” debería ter sentado aos sectores económicos, sociais e políticos da cidade para artellar unha reivindicación integral de infraestruturas e ter posto fai anos como prioritarias as actuacións na conversión da AP9 ao paso por Teis e na gratuidade da peaxe que seguro eran e seguen sendo máis urxentes e necesarios que un tramo de AVE de máis de 1.400 millóns de euros para gañar 15 minutos de conexión con Madrid.