Media ducia dentro da rede

O Celta afástase do descenso grazas á súa goleada ao Arabés
Publicado por o día 21/06/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Media ducia dentro da rede

Vitoria importantísima para o Celta de Vigo que goleou 6-0 ao Alavés en Balaídos, e colle así aire para distanciarse dos postos de perigo.

O cadro celeste suma agora 30 puntos, 4 mais que a zona de descenso, e sitúase 16º. Logrouno tras un gran partido no que arroiou ao seu rival. Aos de Óscar García bastoulles a primeira metade para fulminar ao Alavés, que se foi ao descanso con catro goles na súa contra. Os tantos foron obra de Murillo, Aspas (penalti) e un dobrete de Rafinha.

Pero aínda que a vitoria estaba xa asegurada, o Celta quixo máis e ampliou ese marcador na segunda parte. Nolito, fichado esta semana de urxencia para tentar a salvación, contribuíu á goleada ao transformar outro penalti por unha derriba de Javi López a Kevin Vázquez. A guinda do pastel púxoa Santi Mina ao anotar o 6-0 definitivo a tres minutos do final.

Esta goleada acabou con catro xornadas consecutivas dos celestes sen ver porta e permite aos vigueses soñar coa salvación.

O Alavés, pola súa banda, non puido continuar a senda do triunfo #ante a Real e callou un malísimo partido en Balaídos. Ademais dos dous penaltis cometidos, a vermella directa a Martín Aguirregabiria aos 27 minutos por unha dura entrada a Rafinha cos tacos por diante terminou de condenar aos de Asier Garitano.

O Alavés, queda con 35 puntos, no posto decimosegundo, só nove puntos por encima dos postos de descenso.

FICHA TÉCNICA

6 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin, Araujo, Murillo (Aidoo, min 72), Olaza, Okay (Bradaric, min 46), Beltrán (Brais, min 65), Rafinha (Nolito, min 46), Denis, Iago Aspas (Mina, min 65) y Smolov

0 – Alavés: Roberto, Martín, J. López, Magallán, Laguardia (Ely, min 46), Pons, Fejsa, Borja Sáinz (Ximo, min 36), Edgar (Rioja, min 83), Lucas (De la Fuente, min 46) y Joselu (Burke, min 59)

Goles: 1-0 Murillo, min 14, 2-0 Aspas, min 20; 3-0 Rafinha min 40, 4-0 Rafinha, min 41; 5-0 Nolito, min 78, 6-0 Santi Mina, min 86

Árbitro: Cordero Vega (Cantabria). Amoestou a Okay (RC Celta) e a Lucas e Martín (cartón vermello) (Alavés)

Campo: ABANCA Balaidos

Comentar noticia

Your email address will not be published.