Médicos Sen Fronteiras da marcha atrás e non sanciona o representante de CCOO

A empresa abrira un expediente disciplinario ao representante de CCOO, baseado nas declaracións acusatorias dunha representante sindical
Por o 03/11/2016 | Sección: CC.OO,Sindicatos,Vigo
Médicos Sen Fronteiras da marcha atrás e non sanciona o representante de CCOO

Tras a inxusta e inconsistente apertura de expediente disciplinario ao representante de CCOO en Médicos Sen Fronteiras, baseado en simples declaracións subxectivas da actual representante sindical electa, a sección sindical de CCOO denunciou polas rúas de Vigo a actitude da empresa co persoal que desenvolve traballo sindical. A débil acusación ao traballador e a presión da sección sindical levaron a empresa a desistir na súa intención de despedir por vía disciplinaria este compañeiro e a resolver o expediente aberto cunha simple amoestación.

Despedimentos

O pasado verán, a empresa despediu «disciplinariamente» un traballador na Coruña; hai unhas semanas iniciou este expediente disciplinario contra o representante de CCOO na sección sindical de MSF en Vigo e tamén despedira por causas «disciplinarias» outros cinco traballadores e traballadoras de Santiago de Compostela.

Desde Comisións obreiras, entendemos que o feito de que a empresa dea marcha atrás neste expediente disciplinario supón un triunfo do persoal fronte aos ataques de Médicos Sen Fronteiras, e constata —unha vez máis— que a loita sindical é a vía para defender os nosos postos de traballo e os das nosas compañeiras e compañeiros.