Medio ambiente asigna máis de dous millóns de euros ás áreas de rehabilitación integral do concello de Vigo

Este municipio tamén dispón de contías pendentes de executar de convenios anteriores polo que, en total, contará con 4,15 millóns para intervir nestes espazos
Publicado por o d√≠a 02/10/2018 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Medio ambiente asigna máis de dous millóns de euros ás áreas de rehabilitación integral do concello de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará un total de 2.554.505,17 euros ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vigo, o que supón máis de tres veces os fondos executados polo concello nestes espazos no marco do plan de vivenda 2013-2016, no que certificou ata o momento un total de 759.917,52 euros.

Ademais dos 2,55 millóns de euros asignados no reparto actual, o Concello de Vigo dispón de máis de 600.000 euros pendentes de certificar correspondentes aos convenios asinados en 2015, que foron prorrogados para que a cidade non perdese ese importe, e 999.355 euros correspondentes aos convenios asinados en outubro de 2017. Desta maneira, o Concello de Vigo disporá dun total de 4,15 millóns de euros para actuar sobre áreas de rehabilitación integral da cidade.

O reparto realizado pola Xunta dos fondos dispo√Īibles responde, entre outras cuesti√≥ns, √° capacidade de execuci√≥n demostrada por cada concello nos √ļltimos anos. Por este motivo, Vigo -pese a ter solicitado que en 2018 a asignaci√≥n de 6,5 mill√≥ns de euros (m√°is de 8,5 veces superior ao executado nos √ļltimos anos)- recibir√° unha cont√≠a acorde √° xesti√≥n realizada. O IGVS defende que a asignaci√≥n de fondos que non van ser executados prexudica aos concellos m√°is eficientes e pode supo√Īer para Galicia a perda de fondos, xa que as cont√≠as achegadas polo Ministerio de Fomento que non se executen te√Īen que ser devoltas.

Tamén na comarca de Vigo, o Concello de Tui beneficiarase do reparto de fondos correspondentes a 2018. Concretamente, este ano recibirá 130.658,46 euros, contía que se sumará aos máis de 399.000 euros pendentes de execución correspondentes aos convenios das anualidades de 2015 e 2017.

No conxunto da comunidade, a Xunta de Galicia destinará este ano ás áreas de rehabilitación integral un total de 17.915.000 euros, dos que 13,13 millóns son achegados polo Ministerio de Fomento e 4,78 millóns polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Estes fondos repártense entre todos os concellos con ARI declaradas que o solicitaron despois da convocatoria publicada polo IGVS no pasado mes de agosto.

Un total de 35 concellos, dos 41 que contan con ARI, pediron a asignaci√≥n de fondos para 54 √°reas de rehabilitaci√≥n integral das 69 existentes. No reparto non est√° inclu√≠da a √°rea de rehabilitaci√≥n integral dos Cami√Īos de Santiago.

Convocatoria municipal

O seguinte paso será asinar un convenio con cada concello, para que a administración municipal poda proceder á convocatoria das axudas, que deberán solicitar os propietarios das vivendas a rehabilitar.

A estas axudas poder√°n optar os propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades de propietarios e as s√ļas agrupaci√≥ns, os consorcios e os entes asociativos de xesti√≥n.

Tamén poderán beneficiarse das axudas os propios concellos para actuacións de urbanización do ámbito das ARI e para as oficinas municipais de rehabilitación, que tamén serán financiadas pola Xunta.

Subvencións

O importe das axudas contemplan ata un 40 % do custe subvencionable da actuación. Este límite poderá alcanzar o 75% cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a tres veces o IPREM, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou se acredite que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

A achega máxima da axuda estatal por vivenda será da seguinte contía:

* 12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

* 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

* 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por construída para as actuacións de mellora da calidade e sostibilidade do medio urbano.

* 4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ata un m√°ximo de 3 anos.

* 1.000 euros para os concellos por vivenda rehabilitada ou constru√≠da, para financiar a xesti√≥n e os equipos e oficinas de planeamento, informaci√≥n, xesti√≥n e acompa√Īamento social.

Cómpre destacar que as axudas incrementaranse nun 25% cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe das axudas autonómicas terán unha contía máxima:

* 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención exceda do 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio.

* 1.500 euros para os concellos por vivenda rehabilitada ou constru√≠da en substituci√≥n doutra demolida, para financiar o custo dos equipos e das oficinas de planeamento, de informaci√≥n, de xesti√≥n e de acompa√Īamento social.