Medio Ambiente asumirá o 70% dos custos de identificación dos animais de compañía das persoas afectadas pola crise sanitaria da covid-19

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o vicepresidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Ricardo Vecillas, asinaron un convenio de colaboración que tamén inclúe a elaboración dun protocolo de limpeza e hixiene dos animais de compañía para a implantación nos máis de 30 centros de recollida de animais abandonas autorizados
Publicado por o día 25/08/2020 na sección de Mascotas,Medio Ambiente,Xunta de Galicia

Medio Ambiente asumirá o 70% dos custos de identificación dos animais de compañía das persoas afectadas pola crise sanitaria da covid-19

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70% dos custos que implica a identificación dos animais de compañía daquelas persoas que se viran afectadas pola crise sanitaria da covid-19, é dicir, aqueles cidadáns que sexan responsables dun can sen microchip e que se atopen en situación de vulnerabilidade económica situación de desemprego ou afectado por un ERTE) ou que se vira afectado por una redución de xornada laboral, por motivo de coidados de menores ou maiores dependentes poderán dirixirse á un dos 767 veterinarios de Galicia que poden implantar este sistema de identificación.

Este é un dos compromisos que se recolle no convenio de colaboración asinado esta pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o o vicepresidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Ricardo Vecillas, co que se distribuirán de xeito gratuíto os elementos necesarios para a identificación e rexistro dos animais no Rexistro galego de animais de compañía (Regiac) entre os veterinarios autorizados (767 en Galicia) que voluntariamente desexen participar na iniciativa para a especial identificación animal dirixida a aqueles propietarios que se atopen en situación de vulnerabilidade económica ou afectados por unha redución da súa xornada laboral.

Asemade, o convenio tamén prevé a elaboración dun protocolo de hixiene e limpeza dos animais de compañía ante o COVID-19, para a súa implantación dos 31 centros de recollida de animais abandonados autorizados -que na actualidade acollen a preto de 5.000 animais-, ademais de prestar asesoramento técnico aos responsables destes centros para a instauración de dito protocolo.

Segundo manifestou a conselleira de Medio Ambiente, trátase dun documento que inclúe toda unha serie de consellos e recomendacións para axudar aos profesionais pertencentes a este colectivo, e que tamén pode aclarar dúbidas aos propietarios das mascotas.

Ambas entidades consideran esencial o establecemento de mecanismos para reactivar os procesos de adopción e identificación de animais domésticos, que se ven afectados como consecuencia da situación económica e social derivada da crise sanitaria da covid-19. O importe do convenio asinado esta mañá é de 35.000 euros.

Colaboración permanente

A sinatura deste convenio de colaboración é unha mostra da estreita colaboración que Consellería de Medio Ambiente e o Consello Galego de Colexios Veterinarios veñen mantendo ao longo dos anos. Esta entidade representa á profesión no ámbito da comunidade autónoma e vén desenvolvendo nos últimos anos labores de asesoramento e colaboración coa Xunta para a mellora das actividades profesionais veterinarias.

Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou o papel clave que teñen os colexios de veterinarios na divulgación, educación e formación en materia de protección animal co fin de potenciar e inculcar que unha tenza responsable é o mellor e principal instrumento para prever o abandono e o maltrato animal.

Así, en virtude dun convenio de colaboración asinado coa Consellería en 2016, o Consello encárgase da xestión e seguimento do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos (REGIAC), no que figuran preto de 615.000 animais de compañía na actualidade, e durante a tramitación da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro de 2018, a súa colaboración foi intensa e construtiva.

Comentar noticia

Your email address will not be published.