Medio Ambiente destinará 52,7 millóns de euros ás distintas axudas de rehabilitación e acceso á vivenda convocadas en 2019

Esta mesma semana convocaranse as axudas do Bono de Alugueiro Social e as de adquisición de vivenda, e no mes de febreiro, publicaranse seis liñas máis
Publicado por o día 08/01/2019 na sección de Xunta de Galicia

Medio Ambiente destinará 52,7 millóns de euros ás distintas axudas de rehabilitación e acceso á vivenda convocadas en 2019

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), destinará este ano un total de 52,7 millóns de euros a distintas convocatorias de axudas dirixidas a facilitar o acceso á vivenda e a rehabilitación de inmobles en Galicia. Entre xaneiro e febreiro publicaranse no Diario Oficial de Galicia seis liñas de axudas diferentes, que se completarán con outras dez convocatorias previstas ao longo do primeiro semestre de 2019.

A través destes 16 programas de subvencións prevese a concesión de arredor de 9.500 axudas que beneficiarán a máis de 6.000 familias galegas en 2019 e tamén nos exercicios seguintes, xa que algunhas das axudas manteranse durante varios anos.


Rehabilitación

Concretamente, as axudas destinadas a actuacións de rehabilitación terán reservado un montante total de 26,9 millóns de euros, ademais das actuacións que executará de forma directa o IGVS na adquisición e rehabilitación de vivendas a través do programa Rexurbe e as actuacións en vivendas de promoción pública da súa propiedade.

No mes de febreiro de 2019 publicaranse no DOG catro convocatorias. Dúas delas son axudas dirixidas a particulares e comunidades, e as outras dúas a concellos:

Destinatarios
Axuda

Importe da convocatoria €

Particulares
Préstamos para rehabilitación
204.405
Rehaluga
100.000
Concellos
Rehabilitación de antigas vivendas de mestres
1.761.135
Infravivenda rural
200.000

Cómpre salientar que, como novidade, se modifica o importe máximo das axudas correspondentes ao programa Rehaluga, que pasa de 4.000 a 8.000 euros por vivenda. Estas axudas van dirixidas a sufragar os gastos de adecuación de inmobles incluídos no Programa de Vivendas Baleiras.

Posteriormente, realizaranse as convocatorias destinadas á rehabilitación de vivendas e edificios en materia de eficiencia enerxética, conservación, mellora da seguridade e accesibilidade, dirixidas a propietarios e comunidades, así como as axudas das áreas de rehabilitación integral (ARI), o Fondo de Cooperación cos concellos e as axudas destinadas ás comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública.

Destinatarios
Axuda

Importe da convocatoria €

Publicación
Particulares e comunidades Mellora da eficacia enerxética
2.500.000
1º trimestre

Conservación, mellora da seguridade e accesibilidade

6.744.300
Comunidades de VPP para reparación e adecuación
1.100.000

1º trimestre

Comunidades de VPP para mellora da eficiencia enerxética
1.600.000

1º trimestre

ARI dos Camiños de Santiago

Máximo 1.500.000

2º trimestre

Particulares,  a través dos concellos

Áreas de Rehabilitación Integral

Máximo 5.000.000

2º trimestre

Concellos
Fondo de cooperación cos concellos
6.224.861

1º trimestre

Acceso á vivenda

As axudas para acceso a vivenda van destinadas a facilitar o pago da mesma en réxime de alugueiro por parte das familias con menos ingresos; apoiar o acceso dos máis novos a unha vivenda en propiedade; e fomentar a promoción de vivendas para alugueiro e as destinadas a persoas maiores. En total, destinaranse a este tipo de axudas 25,8 millóns.

Así, en xaneiro publicaranse as axudas do Bono de Alugueiro Social e tamén as de adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes, por un importe global de preto de 4,7 millóns de euros.

Destinatarios
Axuda

Importe da convocatoria €

Particulares
Bono de Alugueiro Social
3.888.000
Adquisición de vivenda (menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes)
800.000

No que respecta ao Bono de Alugueiro Social, a convocatoria de 2019 inclúe como principais novidades:Increméntase o importe mensual do bono en 25 euros respecto á anterior, pasando a 225, 200 ou 175 euros ao mes segundo a zona xeográfica.

  • Increméntase tamén o prezo máximo das vivendas alugadas en 50 euros, pasando a 450, 400 e 350 euros ao mes, en función da zona na que se atopen.
  • Inclúense as prórrogas extraordinarias, de maneira que a duración máxima pasa de tres a seis anos.
  • Inclúese un novo colectivo entre os beneficiarios do bono: residentes en vivendas de Sareb e entidades financeiras en virtude dos convenios asinados co IGVS.

Posteriormente, publicarase a convocatoria de axudas para o pago do alugueiro de vivendas destinadas a particulares; as de fomento de vivendas para alugueiro; e unha terceira de vivendas para persoas maiores e discapacitados, destinadas a promotores públicos e privados.

Destinatarios
Axuda

Importe da convocatoria €

Publicación
Particulares
Axudas ao alugueiro
10.500.000

1º trimestre

Promotores públicos e privados

Fomento parque vivenda alugueiro
5.778.000

1º trimestre

Fomento vivenda para maiores e discapacitados

4.786.400

2º trimestre

Por último, cómpre lembrar que ao importe de todos estes programas de axudas dirixidos a particulares, comunidades de propietarios, concellos e promotores públicos e privados, sumaranse tamén as actuacións directas que realizará en 2019 o Instituto Galego da Vivenda a Solo, tanto en materia de rehabilitación (a través do programa Rexurbe, de proxectos de rehabilitación de vivendas da súa propiedade adxudicadas en réxime de alugueiro, ou achegas ao Consorcio do Casco Vello de Vigo) como de acceso a vivenda (pola vía da construción de novas vivendas de promoción pública).

Comentar noticia

Your email address will not be published.