Medio Ambiente e Colexio de Arquitectos seguirán colaborando en 2020 para achegar o urbanismo responsable ao eido educativo

Publicado por o día 16/01/2020 na sección de Medio Ambiente

Medio Ambiente e Colexio de Arquitectos seguirán colaborando en 2020 para achegar o urbanismo responsable ao eido educativo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) seguirán colaborando este ano co fin de divulgar e dar a coñecer os fundamentos do chamado urbanismo responsable entre a cidadanía en xeral e as novas xeracións en particular, a través de distintos proxectos no eido educativo. Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez e a decana do COAG, Elena Ampudia, no transcurso dunha xuntanza de traballo para repasar as iniciativas en marcha e planificar as actuacións a desenvolver en 2020.

Neste encontro, no que tamén participou a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, a conselleira de Medio Ambiente lembrou a intensa colaboración que mantén o Goberno galego co órgano colexial desde hai anos co obxectivo de difundir información relacionada co mundo da arquitectura, a paisaxe e o urbanismo en xeral. Nesta liña, avogou por darlle continuidade a ese traballo e mesmo estudar a posibilidade de iniciar algún novo proxecto en común.

Comentar noticia

Your email address will not be published.