Medio Ambiente incorpora o contido da nova guía europea para a elaboración de Plans de acción para o clima

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de actualizar o contido dispoñible na páxina web, co fin de facilitar e axilizar o reporte de datos por parte dos concellos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de integrar o contido e actualización proposto por Europa para elaborar os Plans de acción para o clima (PACES). Así, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático actualizou o contido da páxina web oficial do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, na que se pode consultar dito documento.

Grazas a esta actualización facilítase e actualízase o reporte e traslado de información e datos necesarios para a elaboración dun PACES, que consiste nun inventario de referencia de emisións (IRE), unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático elaborados desde o ámbito municipal, para planificar e adoptar medidas que apoien e mitiguen a loita contra o cambio climático desde a perspectiva local.

Asemade, estes cambios tamén se trasladan a través do equipo técnico do Pacto das Alcaldías, que facilita formación a través de reunións de asesoramento presenciais e telemáticas con concellos e as entidades redactoras dos PACES. Na actualidade, este equipo técnico xa realizou un total de 200 visitas presenciais e preto de 70 reunións telemáticas con alcaldes, técnicos de medio ambiente e axentes de desenvolvemento local para asesoralas e axudalos neste cometido. Nestes encontros serven para explicar os pasos necesarios para completar o PACES e para facilitar o acceso as ferramentas de cálculo de emisións deseñadas especificamente para os concellos galegos.

Esta formación presencial tamén se completou, nos últimos meses, coa celebración dunha decena de #WebinarsPACES, os cales estaban dirixidos principalmente aos concellos adheridos ao Pacto e nos que houbo representación de medio centenar de concellos. Ao mesmo tempo, tamén se celebrou un seminario dirixido a empresas que colaboran cos concellos na elaboración dos PACES.

Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia que poñer en valor o papel das entidades locais na resposta ao cambio climático, xa que os concellos avanzan no camiño de integrar á loita contra o cambio climático como unha das variables que deben ter presente na definición das súas políticas, tanto para reducir os gases de efecto invernadoiro e mellorar a eficiencia enerxética, como para adaptarse ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o planeta.

Cómpre lembrar que a realización destes plans é un dos compromisos adquiridos polos concellos galegos asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, onde un dos seus compromisos é que deberán contar cun Pace no prazo de dous anos dende a adhesión. Non obstante, a Consellería de Medio Ambiente convocou en maio unha liña de axudas destinadas especificamente á elaboración dos PACES, dirixida ás entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais.

Na actualidade en Galicia hai un total de 224 concellos galegos adheridos ao Pacto das Alcaldías; polo que Galicia é unha das rexións europeas que non últimos anos rexistrou un maior número de adhesións e sitúa máis preto do obxectivo final de que o 90% dos municipios galegos estean plenamente integrados no Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía a finais deste ano.

Para iso, en Galicia, a Xunta -que é a coordinadora do Pacto das Alcaldías- puxo en marcha a Oficina Técnica de coordinación e asesoramento, constituída en 2018 e activa desde comezos de 2019, a través da cal se ven traballando e desenvolvendo actuacións de promoción e coordinación, así como facilitando apoio, asesoramento e formación aos municipios adheridos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM