Medio ambiente instalará 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información meteorolóxica e de calidade do aire en 29 concellos galegos

As novas estacións meteorolóxicas contan cunha ampla dotación de sensores e completarán a actual rede de estacións, composta por máis de 150 xa instaladas, para poder facer o seguimento meteorolóxico, detección de fenómenos adversos meteorolóxicos, elaboración da predición meteorolóxica
Publicado por o día 04/03/2019 na sección de Medio Ambiente

Medio ambiente instalará 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información meteorolóxica e de calidade do aire en 29 concellos galegos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a traballar na modernización e actualización dos dispositivos para ao seguimento e información meteorolóxica e de calidade do aire, polo que ao longo do mes de marzo se instalarán 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información en case 30 concellos galegos.

Así, procederase á instalación de 12 novas estación meteorolóxicas nos concellos de O Valadouro (2, co casco urbano e Cadramón), Forcarei, Riotorto, Mondariz, Porriño, Portomarín, As Neves, Monforte, Laxe, Baiona e Cospeito; mentres que as pantallas de información disporanse nos municipios de Santiago de Compostela (dúas pantallas), A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide.

As novas estacións ampliarán a actual rede de estacións meteorolóxicas, composta por mais de 150 dispositivos meteorolóxicos instalados por toda a xeografía galega; para o seguimento meteorolóxico, a detección de fenómenos adversos meteorolóxicos, a elaboración da predición meteorolóxica e fines climáticos e agrometeorolóxicos.

Estas están dotadas con sensores de velocidade e dirección do vento, humidade, presión, choiva, temperatura exterior e tamén temperatura no interior do chan e sobre o chan (a 10 cm de profundidade e a 10 de altura sobre o solo).

A previsión é iniciar nos próximos días a instalación das mesmas, traballos que rematarán a finais deste mes, e a partir dese momento os datos estarán dispoñibles a tempo real na páxina web de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e tamén na aplicación móbil de MeteoGalicia.

Asemade, outra liña de actuación da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático céntrase na instalación e posta en marcha de 21 pantallas dixitais, co fin de mellorar a información á poboación no eido da calidade do aire e a meteoroloxía. Estes dispositivos tamén permiten a facer públicos outras cuestións de interese para a cidadanía, como os avisos ante fenómenos meteorolóxicos extremos ou posibles eventos sobre a calidade do aire.

Estas pantallas, co-financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, serán instaladas e postas en funcionamento en varias cidades e pobos de Galicia, en distintos puntos de interese da nosa Comunidade.

Deste xeito, ademais das grandes aglomeracións que xa dispoñen de estacións de control da calidade do aire, se instalarán pantallas en concello polos que discorre o Camiño de Santiago e de zonas costeira. Os municipios seleccionados para a instalación destas pantallas foron Santiago de Compostela (2 pantallas), A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide.

A información que proporcionarán as pantallas será específica para o lugar pero tamén para o tipo de localización, diferenciando a información de interese segundo a zona -costa (temperatura da auga, ondas, mareas…) ou interior- e estación cálida ou fría -será diferente no verán e no inverno- e haberá un apartado especial dedicado aos avisos meteorolóxicos e de calidade do aire.

O vindeiro 12 de marzo realizase a instalación do panel piloto na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a continuación realizaranse as restantes.