Medio Ambiente recorda que é preciso a aprobación do Plan Parcial de San Paio de Navia para avanzar na execución de 1.600 novas vivendas en Vigo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adianta que é necesario contar con dita aprobación para que o IGVS poda adquirir o solo previsto no plan e se procederá á urbanización do ámbito co fin de executar vivendas para a cidade galega con maior demanda de vivenda protexida
Publicado por o día 18/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Medio Ambiente recorda que é preciso a aprobación do Plan Parcial de San Paio de Navia para avanzar na execución de 1.600 novas vivendas en Vigo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, adiantou esta mañá que é preciso contar coa aprobación do Plan Parcial de Navia, trámite que debe formalizar o Concello de Vigo, para avanzar na execución de 1.600 novas vivendas protexidas para os veciños da Cidade olívica.

Ángeles Vázquez visitou esta mañá as obras de 62 novas vivendas de promoción pública que se están a executar nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas, onde explicou que en canto o Concello de Vigo aprobe de forma definitiva este plan se poderá avanzar na posta a disposición de novo solo residencial na cidade. Indicou que, ao mesmo tempo, se poderá adquirir un novo solo previsto na actuación e se procederá á urbanización do ámbito para deixalo en condicións de executar as novas vivendas para a cidade; unha iniciativa do Goberno galego que virá a completar os 50.000 m2 que se adquiriron en 2016 por 10 millóns de euros.


A conselleira de Medio Ambiente destacou que existen numerosos exemplos que demostran a aposta do Goberno galego para que os veciños de Vigo podan ter acceso a unha vivenda. Ademais, das obras visitadas esta mañá -que facilitarán a disposición dun total de 62 novas vivendas de promoción pública nas que se invisten case 8,5 millóns de euros-; tamén se levan investidos 27 millóns de euros no Casco Vello de Vigo e se mobilizaron máis de 11 millóns de euros para recuperar os inmobles nas catro áreas de rehabilitación integral que hai declaradas nesta cidade.

Por outra banda, explicou que tamén se ten posto en marcha outra medida, o Programa de Vivendas Baleiras, para dar unha resposta á cidade galega cun maior problema en materia residencial, xa que concentra a maior demanda de vivenda protexida da Comunidade e un número importante de desafiuzamentos.

Lamentou que o Concello de Vigo non se adherira á iniciativa, algo que se lle solicitou en diversas ocasións, dado que sería “extremadamente útil” para mellorar o acceso de moitos vigueses a unha vivenda. No caso de que o Concello se adherise, se poderían destinar vivendas baleiras públicas ou privadas ao alugueiro social de familias desfavorecidas e en condicións moi vantaxosas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.