A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, que no mes de marzo se convocarán as axudas dirixidas aos concellos para subvencionar actuacións urbanísticas que melloren a contorna e os equipamentos municipais.
Así llo trasladou a conselleira ao rexedor local ao que lle adiantou parte do contido da orde bianual destinada á creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes, para actuacións municipais que cumpran cos obxectivos de dinamización social e humanización que impulsa este programa da Consellería de Medio Ambiente. Vázquez Mejuto indicoulle que para obter unha axuda dos 2,3 millóns de euros do programa deberá presentar unha solicitude, polo que lle brinda a a colaboración técnica da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio para asesoralo nesta tarefa.
A conselleira de Medio Ambiente felicitou ao alcalde polo proxecto que pretende executar, a renovación do parque infantil da Lagoa, un espazo público que de seguro cumprirá coas necesidade de espazos de ocio e esparcemento dos cidadáns de Campo Lameiro. Sinalou que este proxecto está en sintonía cos obxectivos que persegue a Xunta con esta liña de acción, como é o feito de mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos, có fin de proporcionar unha oferta de calidade e axeitada ás necesidades da poboación có fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.