Medio Centenar de especialistas participan no seminario sobre epidemioloxía na enfermidade inflamatoria intestinal

A organización rendeu unha homenaxe ao gastroenterólogo vigués Víctor Ruiz Ochoa, pioneiro en España nos estudos sobre a incidencia da Enfermidade de Crohn
Publicado por o día 09/11/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Medio Centenar de especialistas participan no seminario sobre epidemioloxía na enfermidade inflamatoria intestinal

Medio centenar de especialistas de Galicia participaron este sábado no Seminario sobre Epidemioloxía na Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII), que se celebrou no Hospital Álvaro Cunqueiro. O seminario, que foi inaugurado polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio Garcia Comesaña, acadou xa a súa terceira edición. No ano 2015 realizouse o primeiro deles, despois dunha traxectoria de máis de 30 anos de investigación neste aspecto na área sanitaria de Vigo. Os seminarios celébranse cada dous anos.

O interese na epidemioloxía da EII naceu en 1983 do traballo dun grupo de gastroenterólogos galegos, que describiron a incidencia da Enfermidade de Crohn en Galicia, entón unha patoloxía practicamente descoñecida. Este grupo de investigadores foi liderado polo facultativo vigués Victor Ruiz Ochoa.

Grazas a este traballo a área sanitaria de Vigo foi convidada a participar entre os anos 1991 e 1993 no estudo europeo EC-IBD, no que se investigou as diferenzas na incidencia da EII entre o norte e o sur de Europa e que deu como resultado que a incidencia era maior nos países do norte. Neste estudo, Vigo foi a única área sanitaria española participante, coordinada polo doutor Victor Ruiz Ochoa.

Ademais, en 2010 Vigo tamén foi a única área española participante no estudo europeo EPI-IBD, que mostrou que a incidencia da EII no oeste de Europa era o dobre que a do leste de Europa.

Unha merecida homenaxe

O doutor Ruiz Ochoa foi pioneiro do interese galego por este tipo de enfermidades. Os seus estudos de incidencia da Enfermidade de Crohn en Galicia foron os primeiros aparecidos na literatura médica española, e foron referencia clave para que os gastroenterólogos vigueses participaran nos estudos multicéntricos europeos.

“Nesta terceira edición do seminario quixemos mostrar o noso agradecemento e recoñecemento a todo o traballo pioneiro realizado polo doutor Ruiz Ochoa” -explica o presidente do comité organizador deste evento, o doutor Vicent Hernández.

Por ese motivo, os participantes na reunión científica renderon unha merecida homenaxe ao facultativo vigués no transcurso da xornada. Unha distinción que se plasmou en que a reunión se denominará “Seminario Víctor Ruiz Ochoa sobre Epidemioloxía en Enfermidade Inflamatoria Intestinal”.

Aumento da prevaleza

A EII inclúe fundamentalmente a Enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa. Ámbalas dúas son enfermidades inflamatorias crónicas que afectan ao aparello dixestivo con períodos de actividade e períodos de remisión. Ademais dos síntomas dixestivos, poden aparecer tamén manifestacións articulares, na pel e noutros órganos como os ollos e o fígado.

O CHUVI ten rexistrados a 1.600 pacientes na área sanitaria viguesa que están diagnosticados de Enfermidade Inflamatoria Intestinal. Os profesionais alertan que a súa incidencia está a aumentar, polo que é necesario estar moi atentos a súa evolución sobre todo en persoas con uns 40 anos de idade ou menos. A Unidade de EII mantén activos, é dicir en revisións periódicas e controis, entre 800 e 900 destes enfermos.

O síntoma principal en ambas enfermidades é a diarrea que pode acompañarse de rectorraxia (sangue nas feces), principalmente na Colite Ulcerosa. Noutras ocasións o síntoma é dor abdominal, anemia, perda de peso, febre e atraso do crecemento nos nenos. Ante estes síntomas póñense en marcha o máis rápido posible os estudos que permiten facer o diagnóstico.

A EII non ten cura tal como enténdese o concepto de curación. O obxectivo do tratamento é lograr a remisión (ausencia de síntomas) o máis rápido posible e mantela no tempo para evitar os danos estruturais e as complicacións que se poden producir si a enfermidade mantense activa. Os pacientes poden precisar tratamentos crónicos, ingresos hospitalarios ou cirurxías e todo ilo pode incidir na súa calidade de vida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.