Medio centenar de nenos e nenas asistiron aos campus de tenis e padel organizados polo Concello

A clausura e entrega de diplomas tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Galicia,Tomiño

Medio centenar de nenos e nenas asistiron aos campus de tenis e padel organizados polo Concello

Tomiño, 3 de setembro de 2018.- Esta mañá tivo lugar a clausura dos campus de tenis e padel organizados polo Concello de Tomiño durante os meses de xullo e agosto.

Presidida pola alcaldesa Sandra González, a entrega de diplomas aos máis de 50 nenos e nenas participantes na actividade, contou coa presencia tamén do concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso e do monitor contratado, Fabián Gutiérrez Corvetto.

A alcaldesa agradeceu a alta participación nos campus e felicitou aos participantes polo seu esforzo e afán de superación, animándoos a seguir na mesma liña.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, salientou a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes, antes considerados minoritarios, e lembrou a importancia de contar coa Área Deportiva do Mosteiro, anexa ao colexio Pedro Caselles, onde existen varias pistas de tenis e padel, arranxadas polo Concello, que permiten a realización das actividades en moi boas condicións.