Medio millar de alumnos viaxan ao arquipélago vigués co programa educativo “Planeta Cíes”

O alcalde acudiu este xoves á estación marítima, desde onde uns 500 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO de trece colexios da cidade desprazáronse ás illas Cíes nun viaxe educativo. O programa divulgativo “Planeta Cíes” forma parte do proxecto da candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Publicado por o día 23/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Medio millar de alumnos viaxan ao arquipélago vigués co programa educativo “Planeta Cíes”

O alcalde acudiu este xoves á estación marítima, desde onde uns 500 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO de trece colexios da cidade desprazáronse ás illas Cíes nun viaxe educativo. O programa divulgativo “Planeta Cíes” forma parte do proxecto da candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

O alumnado participa hoxe xoves desta viaxe educativa ao arquipélago vigués logo de tres meses de estudo nas aulas sobre as illas Cíes. Esta actividade pertence ao programa educativo “Planeta Cíes”, iniciado en xaneiro deste ano no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade das “illas dos deuses”, como tamén son coñecidas.


Como parte desta iniciativa, en próximas semanas celebrarase un acto público no que se darán a coñecer todos os proxectos de apoio á candidatura das Cíes elaborados por cada un dos trece centros que participan no “Planeta Cíes”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.