A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe o socialista Iván Puentes, está a executar os traballos de tala de diversas acacias emprazadas nos xardíns do centro asociado da Uned en Monte Porreiro. O edil do PSOE explica que as actuacións, desenvolvidas por unha equipa de operarios do servizo municipal de Parques e Xardíns coa axuda dun camión-grúa, “están destinadas a eliminar algunhas árbores que se atopaban en mal estado e que supuñan unha molestia e, nalgúns casos, un perigo para estudantes e veciños”.
Puentes asegura que estas talas “poden ser consideradas como o primeiro paso para o acondicionamento integral desta valiosa zona verde, de cara á súa futura apertura para o uso e disfrute de toda a cidadanía e a súa integración na trama urbana do barrio de Monte Porreiro”. O edil socialista lembra que o Concello de Pontevedra presentará nas vindeiras semanas unha petición formal ante a Xunta Reitora da Uned para acadar a cesión do parque, “coa fórmula administriva que estimen máis axeitada”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.