Medio Rural achega máis dun millón de euros para o arranxo de camiños municipais da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Ángeles Vázquez desprazouse ata As Somozas para coñecer as obras desenvolvidas con cargo ao plan marco que desenvolve a consellería
Por o 31/08/2018 | Sección: Xunta de Galicia
Medio Rural achega máis dun millón de euros para o arranxo de camiños municipais da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

A Consellería do Medio Rural investirá este ano máis dun millón de euros na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal para o arranxo de vías de titularidade municipal. Faino a través do Plan marco de mellora de camiños municipais que cada exercicio elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para axudar a todos os concellos interesados a que reparen a súas vías.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, desprazouse hoxe ata As Somozas para coñecer o estado das obras desenvolvidas neste municipio con cargo ao plan marco de 2017. En concreto, mellorouse o camiño de Campo a Santa Cruz, de San Esteban a Seixidal e o camiño de Suarriba. O coste destas obras xa executadas ascende a 50.578 euros, que serán subvencionados na súa totalidade pola Xunta.

Con cargo ao plan de 2018 o concello terá outros 50.000 euros para investir nas infraestruturas municipais. Está previsto actuar no camiño do Batán a Santa Cristina e no acceso da Pastoriza. En total, en toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal recibirá 1.011.563 euros este ano para este mesmo fin, dos 4,9 millóns que corresponden á provincia da Coruña.

Durante a súa visita a conselleira destacou a relevancia destas actuacións, xa que aínda que non representan a construción de grandes infraestruturas, supoñen importantes cambios na calidade de vida dos veciños do rural ao mellorar a accesibilidade e a comunicación entre núcleos de poboación.
En total, o Plan marco de mellora de camiños municipais de 2018 está dotado con 15,9 millóns de euros para toda Galicia distribuídos en dúas anualidades (2018-2019). O obxecto destas axudas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes.
Por concellos a distribución de fondos deste ano nesta comarca é a seguinte:
Concello
Axuda
Ares
34.498 €
Cedeira
56.320 €
Fene
44.060 €
Ferrol
43.619 €
Moeche
43.256 €
Mugardos
36.576 €
Narón
52.282 €
Neda
41.129 €
San Sadurniño
64.070 €
As Somozas
50.578 €
Valdoviño
53.876 €
Cariño
44.281 €
Cerdido
45.267 €
Mañón
48.182 €
Ortigueira
99.665 €
A Capela
38.236 €
As Pontes
68.559 €
Cabanas
35.632 €
Monfero
71.097 €
Pontedeume
40.380 €
Total comarca
1.011.563 €

Comentar noticia

Your email address will not be published.