Medio Rural aplaude o compromiso acadado por Vegalsa-Eroski de comercializar os produtos de horta das cooperativas asociadas a Agaca

Por o 08/06/2017 | Sección: Vigo,Xunta de Galicia
Medio Rural aplaude o compromiso acadado por Vegalsa-Eroski de comercializar os produtos de horta das cooperativas asociadas a Agaca

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, presidiu esta mañá en Silleda o acto de sinatura de compromiso por parte de Vegalsa-Eroski de comercializar os produtos de horta das cooperativas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca).

A directora xeral agradeceu este tipo de colaboracións e compromisos porque redundan en beneficio directo dos agricultores galegos. Belén do Campo destacou a calidade dos produtos galegos e avogou pola necesidade de defender e promocionar o eido agroalimentario de Galicia.