Medio Rural e o Colexio de Enxeñeiros Forestais de Galicia reforzan a súa colaboración en materia formativa

Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Medio Ambiente

Medio Rural e o Colexio de Enxeñeiros Forestais de Galicia reforzan a súa colaboración en materia formativa

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá con responsables do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia. Na xuntanza, á que tamén asistiu o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, atendéronse as inquedanzas deste colectivo e avanzouse na colaboración entre o colexio e a Xunta en diferentes ámbitos, especialmente o formativo.

Así, avaliouse o reforzo da formación tanto de técnicos forestais como para persoal de operativos de extinción de incendios e afondouse nas liñas de cooperación para trasladar información no rural sobre figuras de agrupación como as sociedades de fomento forestal (SOFOR). Ademais, tamén se acordou impulsar actuacións de formación para directivos de montes veciñais en man común, co fin de optimizar a xestión dos seus terreos, entre outras cuestións de interese.