Medio rural financia a adquisición dun tractor para a prevención de lumes para o Concello de Arbo

O delegado da Xunta en Pontevedra entregou hoxe este vehículo ao alcalde da vila co obxectivo de levar a cabo labores de roza de matogueira

O concello pontevedrés de Arbo dispón dende hoxe dun novo tractor para a prevención de incendios forestais, en virtude dun convenio financiado pola Consellería do Medio Rural, cun importe máximo de 85.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega hoxe, no parque de maquinaria da Consellería de Medio Rural en Pontevedra, ao alcalde de Arbo, Horacio Gil, dun tractor que terá como obxectivo labores de roza. Con este tipo de convenios trátase de facilitar, por parte da Xunta, os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais.

Neste contexto, recentemente asináronse os correspondentes documentos en toda Galicia, e en virtude destes acordos, Medio Rural comprometeuse a financiar a compra da maquinaria por parte dos municipios beneficiados. A axuda destínanse á compra dun tractor con dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo). O IVE correspondente ten que aboalo cada concello.

A Consellería continuará con esta iniciativa e proseguirá achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros só este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a entrega de 35 neste exercicio para concellos de toda Galicia.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM