Meirande contará cun novo horario os meses de febreiro e marzo

O Centro de Interpretación, acadou as 15.560 visitas no 2018
Por o 12/02/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Meirande contará cun novo horario os meses de febreiro e marzo
Compartir en:

O museo Meirande de Redondela terá un novo horario durante os meses de febreiro e marzo. Permanecerá aberto de martes a domingo en horario de 10.30 a 13:30 e sábados a domingo en horario de tarde de 15:30 a 18:30 horas. Os luns estará pechado.

Ademais, o Concello de Redondela celebra que o Centro de Interpretación fose visitado por 15.560 persoas durante o 2018, converténdose así no segundo museo máis visitado da provincia de Pontevedra.

O teléfono de contacto para organizar visitas en grupos é o 986 458 891 ou a través do e-mail meirande@redondela.gal . Lembramos que o museo se atopa na antiga Fábrica do Alemán, no lugar de Rande.

Comentar noticia

Your email address will not be published.