Meirás. Un pazo, un caudillo,un espolio

A asociación cultural O Castro de Vigo xunto coa Fundación Galiza Sempre presentará esta semana en Vigo o libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio.
Por o 08/03/2018 | Sección: Cultura,Galicia,Vigo
Meirás. Un pazo, un caudillo,un espolio

Esta sexta feira 9 de marzo, ás 20h00 o acto de presentación será en Vigo na Libraría Cartabón, e coorganizado pola Fundación Galiza Sempre Asociación Cultural O Castro. No acto falará un dos autores, Carlos Babío, Ana Miranda, vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre e actual Eurodeputada polo BNG e Alexandre Insua da Asoc. Cultural O Castro.

Este intenso traballo de investigación de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, editado por Galiza Sempre, documenta como o pazo foi adquirido para o dictador por medio de doazóns baixo coacción, descontos obrigatorios nos salarios de empregados públicos, expropiacións forzosas e malversación de fondos e recursos públicos. Un relato que vén botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferentes. O relato dun tempo que axuda a explicar, en boa medida, o noso presente.

O éxito de vendas acadado fixo preciso o lanzamento de unha segunda edición revisada que xa está á venda nas librarías de todo o país.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.