Melendi actuará o vindeiro mes de xullo no Ifevi

Por o 13/03/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Melendi actuará o vindeiro mes de xullo no Ifevi

O alcalde informou este mércores de que o cantante Melendi ofrecerá un concerto o vindeiro 20 de xullo no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Abel Caballero avanzou que en próximas datas anunciará todas as accións das festas do verán.

O cantante asturiano Melendi actuará o vindeiro 20 de xullo, ás 22:00 horas, no Instituto Feiral de Vigo. Así o anunciou este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen avanzou que en próximas datas anunciará máis concertos. “Xa actuou en Castrelos e agora o será no Ifevi, en vindeiras datas comenzarei a contarlles todas as accións das festas”, sinalou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.