Melloras dos accesos a núcleos do rural en Bora e Mourente

O Concello acomete pavimentacións e instalación de medidas de seguranza viaria na estrada de acceso ao Tombo (Bora) e a continuación da Igrexa (Mourente)
Publicado por o día 14/10/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Melloras dos accesos a núcleos do rural en Bora e Mourente

O Concello de Pontevedra está a rematar nestes días dúas obras de rehabilitación integral en acceso a núcleos moi habitados das parroquias de Bora e Mourente. No caso da parroquia de Bora, a rehabilitación integral da estrada de acceso ao O TomboIgrexa. Trátase dun proxecto de reposición do firme, sinalización horizontal e vertical, e medidas de calmado de tráfico.

Marconsa é a empresa que está a facer esta rehabilitación por 60.503,05 euros.

Mourente

En Mourente, o Concello está a realizar a rehabilitación integral do último tramo da igrexa parroquial. Os traballos consisten no retranqueo dun muro, a pavimentación de toda a rúa e a tala dunhas árbores pegadas ao carón do peche da igrexa, que corren perigo de caída ao estar presionando o muro.

O custe desta obra é de 60.000 euros.

Esta actuación completa a realizada polo Concello no ano 2015 de subida á Igrexa por un valor de 234.000 euros e que permitiu mellorar toda a pavimentación, medidas de seguranza viaria, colocación de sinalización horizontal e vertical e un espazo reservado para os peóns coa colocación de morróns.